Friday 17 de May de 2024

O Clúster del Ecommerce reuniuse co Clúster da Función Loxística para buscar solucións ás necesidades que teñen os ecommerce galegos


• O obxectivo da xornada foi dar a coñecer as necesidades que poden chegar a ter a nivel loxístico os ecommerce galegos.

• Máis de trinta empresarios e profesionais do sector do comercio electrónico e da función loxística de Galicia participaron na tarde de onte nunha reunión na Cidade da Cultura organizada polo Clúster do Ecommerce de Galicia.

Máis de trinta empresarios e profesionais do sector do comercio electrónico e da función loxística de Galicia participaron na tarde de onte nunha reunión na Cidade da Cultura organizada polo Clúster do Ecommerce de Galicia xunto co Clúster da Función Loxística.

O obxectivo da xornada -por parte dos membros do Clúster do Ecommerce- foi exporlle aos membros do Clúster da Función Loxística cal é a situación actual, cales son as necesidades que teñen os e-commerce galegos, dar a coñecer as necesidades que poden chegar a ter a nivel loxístico e escoitar así, cales poden ser as posibles solucións que pode proporcionar o sector loxístico.

Pola súa banda, o Clúster da Función Loxística trasladou as solucións que poderían achegar desde as súas respectivas empresas e do reto que supón adaptarse a un sector emerxente como é o ecommerce.

Deste xeito, abordouse a mellora nas ratios de entrega internacionais; a coordinación na recepción de compras; a mellora nos horarios de recollida dos pedidos -para poder cumprir prazos de entrega-; conseguir evitar os grandes problemas existentes nas devolucións dos produtos ao puntos de orixe; e conseguir que os produtos cheguen ao seu destino sempre en boas condicións.

Por parte do ecommerce galego estiveron presentes membros de empresas como Casa Xanceda, ReiZentolo, Selmark, Zapaterías Krack, El vino del mes, Bodegas Bio, Carrick, Sunclub, Sugaramma, Frinsa ou Delikia/Root Café. Por parte do Clúster da Función Loxística de Galicia asistiron membros de Gadisa, Jevaso, Deltacargo, Easycommerce, Iatecc, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Galicia Almacén Loxístico, Transportes Auto-Radio, Einsa Sourcing, Iplan mobilidade, Grupo TT ou Einsa Sourcing.

Sobre o Clúster do Ecommerce Galego

O Clúster é a unión das empresas galegas que venden por Internet. Un conxunto de empresas que teñen obxectivos, necesidades e mesmo dificultades comúns. Un encontro de intereses que se unen baixo este nome para compartir coñecementos, experiencias, ferramentas e custos.

Sobre o Clúster da Función Loxística

O Clúster ten como misión contribuír a unha maior eficiencia da función loxística de Galicia, promovendo a súa competitividade, cunha especial atención á innovación, a formación, a representatividade conxunta e a internacionalización das empresas que forman parte de toda a cadea de valor.